A nova función de Twitter: poder enviar propinas aos creadores de contidos

Tamén están desenvolvendo un tipo de subscripción de pago chamado "Super Follows" que permitirá acceder a "tuits" exclusivos.

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A rede social Twitter está traballando para integrar opcións de monetización que permitan enviar diñeiro aos creadores de contidos e subscribirse a contidos exclusivos. As funcións estarán dispoñibles con novos botóns dedicados.

Logo de Twitter - Twitter
Logo de Twitter - Twitter

A función de enviar diñeiro chamarase "botón das propinas" e permitirá que os usuarios poidan enviar diñeiro a outros usuarios a través de diferentes plataformas. A outra función terá o nome de "Supero Follows", un tipo de subscripción de pago que por 4,99 dólares ao mes outorgará a posibilidade de acceder a "tuits" exclusivos.

Por outra banda, Twitter xa está innovando noutros aspectos para mellorar a satisfación e calidade da rede. Ca nova versión, os usuarios poderán ver e subir imaxes en calidade 4K. Tamén están probando unha opción de perfis profesionais. Calquera que teña un negocio poderá subir información específica sobre os seus servizos, para que os clientes poidan consultala directamente no seu pefil nun novo apartado chamado "Sobre".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta