Por Europa Press / Redacción | A Pobra | 26/11/2024 | Actualizada ás 12:05
No marco da operación 'Oinferno', a Garda Civil de Boiro detivo a cinco persoas, dous homes e tres mulleres, veciñas do municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, tras incautarlles diferentes doses de cocaína, marihuana e haxix.
Segundo informou o Instituto Armado, a investigación, que se iniciou en xuño de 2024, permitiu identificar un punto de venda de sustancias estupefacientes situado no centro urbano da localidade. Tal e como trasladou a Garda Civil, o principal responsable do grupo, un home con antecedentes por delitos relacionados con drogas, operaba xunto a outros membros do clan familiar na distribución de cocaína, haxix e marihuana a consumidores da comarca.
"Co obxectivo de dificultar os labores policiais", o xefe trasladou a actividade delituosa desde o domicilio inicial a unha vivenda unifamiliar nunha zona illada, "facilitando o control de accesos". Así, no último mes, a Garda Civil detectou un notable fluxo de persoas de distintas localidades que acudían ao lugar. En concreto, constataron máis de 30 visitas diarias durante as 24 horas que estaba activo. Tras finalizar a investigación, os axentes procederon á detención do xefe cando saía do domicilio en patinete, así como doutro catro membros do grupo con distintos roles.
Durante os rexistros domiciliarios, autorizados polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Ribeira, interviñéronse 230 doses de cocaína (50,92 gramos); 852 doses de pole de haxix (284,35 gramos); 1.382,45 gramos de marihuana envasados en 13 tarros herméticos; 2.800 euros en efectivo; unha pistola de aire comprimido; dúas básculas de precisión; unha envasadora sen carga; 300 bolsas de autocierre; coitelos; e un teléfono móbil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.