Multan ao Concello de Ourense por verter material contaminante ao río Miño

A sanción é de case 3.000€, segundo Amigos da Terra, unha das asociacións que denunciou o suceso.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Sanción ao Concello de Ourense por vertidos ao río Miño. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ven de remitir a Amigos da Terra a comunicación de resolución do expediente sancionador contra o Concello de Ourense polos vertidos que, explica a asociación, foron realizados no mes de setembro do ano 2019 e que foran denunciados por Amigos da Terra e pola plataforma Ríos Limpos.

O Río Miño ao seu paso por Ourense
O Río Miño ao seu paso por Ourense | Fonte: arquivo

Segundo apuntan dende a entidade ecoloxista, a comunicación do organismo da conca versa sobre o expediente sancionador contra o Concello de Ourense polos “vertidos realizados durante o día 25/09/2019 incumprindo as condicións establecidas na autorización de vertido outorgada pola Confederación Hidrográfica Miño Sil, ao concello de Ourense”.

Para Amigos da Terra resulta salientable que estes vertidos, producidos ao río Miño na zona de A Batundeira-Velle no encoro de Velle, ocasionaron danos ao dominio público hidráulico a causa dun vertido contaminate por exceso de amonio nas augas, e polo cal o Concello de Ourense foi sancionado cunha multa por importe de 2980,80 €, xunto co agravante de continuidade e reiteración da conducta infractora do Concello de Ourense que xa fora sancionado previamente noutras ocasións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta