A Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade e as oportunidades de Galicia no mundo da lusofonía

Fai xa bastante tempo que a reivindicación dun papel máis importante do galego en relación co mundo da lusofonía deixou de ser un tabú de reintegracionistas no eido lingüístico o político, para converterse nunha aspiración dunha importante parte da sociedade galega que ve en chave de oportunidade, a relación co espazo político, cultural e económico dos países de lingua portuguesa.

Por Iván Vaqueiro | Porriño | 17/10/2013

Comparte esta noticia
Cecáis o importante crecemento de economías como Angola o Brasil, perimitiron derrubar muros de intolerancia coa lingua veciña e irmá, para dar paso a tímidos pero importantes pasos cara unha relación máis fluída e positiva do galego coa lingua portuguesa e o espazo político, económico e social que representa.
 
A Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade, en honor o grande empresario galego que tanto fixo por incentivar ás relacións dá economía galega (principalmente dá pesca) cos países de lingua portuguesa, ten como obxectivo situar o portugués como segunda lingua de referencia en Galiza.
 
Avalada inicialmente por todos vos grupos do Parlamento de Galicia, feito de incontestable valor, é certamente complexo lembar un consenso tal arredor de temas lingüísticos dende a aprobación dá Lei de Normalización alá polos inicios dá Autonomía, a ILP Paz Andrade ten por diante inda moito camiño ata poder dar o paso de iniciativa a Lei.
 
Non será un camiño sinxelo. A ILP Paz Andrade trata de introducir o portugués non sistema educativo galego, para o que propón dúas posibles vías: o ben o modelo "Extremeño", onde o portugués é segunda lingua extranxeira, o ben baixo un modelo "Galego", introducíndoa como materia autonómica dentro dá optatividade o mesmo compartido horas coa materia do galego.
 
Sen dúbida, a tentación de filoloxizar o debate é sinxela, afirmando que a introdución do portugués pode mesmo fagocitar o desenvolvemento do galego o abafalo, e por otra parte, tamén pódese valorar este asunto dende a óptica identitaria, na medida en que o galego formo parte dende o inicio dá autonomía e na historia do século XX como elemento central dá creación dá nosa identidade como galegos, se ben non o único elemento, pero si o definidor.
 
Seremos polo tanto quen de dar paso por un lado a unha nova identidade galega que asuma o portugués o mesmo nivel que o galego? Velahí unha cuestión complexa e con diferentes e profundas valoracións entre vos que consideran que o galego é unha lingua e identidade de seu, e vos que consideran que o galego e portugués deben voltar a ser unha unidade non futuro e polo tanto, a ILP podería ser o ariete que abrise a porta desta invasión.
 
Pero se somos quén de superar estes dos debates (o filolóxico e o identitario), veremos a importancia histórica que para Galicia ten esta ILP e que nos permitirá sen dúbida situar a Galicia e a economía galega dentro dun novo marco estratéxico mundial, que non é otro que o dá economía dos países de lingua portuguesa, un mercado de máis de 300 millóns de persoas non mundo e un espazo sociocultural con amplas similitudes que debe observarse en chave de oportunidade. Este espazo é o espazo da Comunidade de Paises de Lingua Portuguesa, a CPLP.
 
A CPLP comprende arredor de 300 millóns de habitantes no mundo e totalizan un área aproximada de 10.708.674 kilómetros cadrados. A CPLP formose en 1996 con sete estados (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e Santo Tomé e Príncipe). Timor Oriental uniuse no ano 2002 logo da súa independencia de Indonesia. Deste espazo, non podemos tampoco  descartar dúas rexións de alto interesse económico como Macao en China e Goa en India, rexións amba-las dúas, que teñen o portugués como lingua de referencia. Un marco por tanto, de ampla e importantísima relevancia mundial que pode abirlle o galego e a Galicia amplos espazos de oportunidade en todos os seus campos.
 
O que en verbas de Victor Freixanes, nos debe permitir considerar o galego non unha lingua local, senon unha ligua global, unha lingua non só de cultura, senon de comunicación global, que nos permite comunicarnos con millóns de persoas non mundo, o que me leva a unha nova reflexión.
 
Se o PP, partido gobernante, mantén o seu aopoio a esta ILP (fundamental en tanto en canto ostentan a maioría parlamentar, e por tanto o dereito de veto), debería dar un paso máis alá e redefinir a súa política exterior, creando unha Dirección Xeral de Relacións cos Países e Rexións de Lingua Portuguesa, pois na actualidade a Xunta de Galicia concentra toda a súa actividade exterior na UE. A propia Dirección Xeral denomínase de Cooperación Exterior e de Relacións coa Unión Europea, dando así ás costas o resto do mundo e neste caso, ós países de lingua portuguesa (agás Portugal, claro está).
 
Afortunadamente, os promotores dá ILP Paz Andrade, tiveron a ampla visión de miras política para subsumir estes argumentos nunha iniciativa concentrada en 3 artigos concretos e sen arestas discursivas, nin políticas, nin filolóxicas, nin identitarias. Senon nun argumento demoledor: non pode ser que un neno de O Porriño, por exemplo, remate o seu ciclo de ensino obrigatorio, sen coñecer nin unha verba de portugués, vivindo a menos de 12 km dá nosa fronteira. Esta calculada a estratéxica posición de "non tomar partido", permitiu que PSdeG-AGE, BNG e PP apoiasen tomar en consideración esta inciativa por unanimidade. Penso que é obrigado fornecer co noso apoio esta iniciativa.
 
O día que deixemos de dar ás costas a Portugal e o que representa non mundo e na nosa historia pasada e futura, abriremos ás portas a un mundo de oportunidades para o noso país. E sobre todo, deberemos facelo xuntos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Iván Vaqueiro Nicolás Iván Vaqueiro Gradín (O Porriño, 1977). Politólogo e Consultor, dirixe unha empresa de consultoría empresarial Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC É Diploma de Estudos Avanzados (DEA) de Doutoramento na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración da USC no programa "Procesos Políticos Contemporáneos" Master en Dereito Urbanístico e Medioambiental pola Universidad de Vigo. Colaborador de varios medios de prensa e revistas galegas www.ivanvaqueiro.blogspot.com @ivanvaqueiro