A quen beneficia a recentralización?

Ninguén pode xa dubidar da axenda recentralizadora do PP. Velaí a reforma local, que fanará a autonomía local e potenciará as Deputacións, a aprobación da Lei educativa-LOMCE-, coa imposición do castelán como lingua vehicular e as súas reválidas de Estado que descoñecen as competencias educativas de Galicia ou o estéril tentamento de blindaxe das touradas ao consideralas patrimonio cultural inmaterial. Pasando pola imposición ás Comunidades Autónomas do copago das menciñas, descoñecendo a autonomía de cadanseu servizo sanitario ou da proposta Sainz de Santamaría de supresión de controis externos como o do Valedor do Pobo ou do Consello de Contas.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 14/10/2013

Comparte esta noticia
Qui prodest? A quén beneficia esta recentralización, que leva vinte anos baleirando de contido o noso Estatuto de Autonomía e,x a que logo, modificando indirectamente o pacto constitucional que recoñeceu a personalidade nacional de Galicia? A resposta apunta aos intereses que tentan esfarelar o Estado do Benestar. Porque a ofensiva contra a autonomía política de Galicia e a autonomía local dos seus concellos busca, sempre, reducir os níveis de cobertura e calidade dos servizos sociais, educativos e sanitarios para ir recentralizando a súa prestación, unificando por abaixo a súa calidade e privatizando a súa xestión dende Madrid, de xeito que só grandes empresas españolas de amigos do Poder estatal poidan optar á coxestión destes servizos. Velaí como a recentralización persegue a desmontaxe do Estado do Benestar, ademáis da redución dos níveis democráticos, ao afastar o Poder  da cidadanía e suprimir os controis exteriores á gobernanza.
 
Tamén latexa tras desta recentralización a obsesión por cocentrar en Madrid todo o poder financiero e empresarial do Estado, patente na absurda  andaina de levar o AVE a todas as capitais “de provincia” ou de construir un inviábel “ aeroporto central”  que agora peta despois de consumir 6000 M€ -un billón de pesetas-. A obsesión de potenciar as grandes empresas dos sectores regulados e do Ibex 35 impedindo calquera política efectiva de Galicia, por exemplo, para potenciar o seu desenvolvemento empresarial endóxeno.
 
A quen beneficia a recentralización?  Non de certo á cidadanía galega, nin aos empresarios e traballadores deste País.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.