Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2021 | Actualizada ás 13:10
O Parlamento de Galicia recibiu o pasado mércores, vía postal, a providencia do Tribunal Constitucional pola que se informaba da presentación do recurso do Goberno central ao artigo 38, no seu apartado segundo, o cal quedou suspendido ao ser admitido a trámite polo pleno do órgano xudicial.
Fontes parlamentarias confirmaron a Europa Press a recepción do documento, que agora foi rexistrado e será levado á Mesa do Parlamento esta semana que, ouvida a xunta de portavoces --na que teñen representación os tres grupos parlamentarios (PPdeG, BNG e PSdeG)--, decidirá a posición de defensa xurídica da norma.
Do mesmo xeito que a Xunta de Galicia, que ten aberto --aínda que sen que polo momento haxa máis avances que a negociación sobre un texto interpretativo que evitaría a reforma da lei e conxelaría o recurso no TC--, o Parlamento autonómico, de onde emana o lexislativo galego, pode personarse ante o tribunal para a defensa xurídica da norma.
O Goberno que dirixe Pedro Sánchez decidiu levar ao Tribunal Constitucional a lei galega de saúde porque, segundo recolle o recurso presentado ante o TC, ao que tivo acceso Europa Press, "establece unha ruptura da igualdade de dereitos e deberes dos cidadáns" españois incluídos na Constitución.
Ademais, o Executivo central argumentou que a lei galega, aprobada polo Parlamento de Galicia en febreiro --só cos votos do PPdeG--, "vulnera as competencias estatais sobre as bases da coordinación xeral da sanidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.