Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 13:52
A asociación Galiza nova vén de lanzar unha nova campaña de lingua para “normalizar o uso do galego entre a mocidade”. Así se pronunciou o Responsábel de Lingua de Galiza Nova e deputado no Parlamento Galego polo BGN, Daniel Castro, na presentación presentou da campaña este martes 4, acto que desenvolveu acompañado da mocidade da organización en Compostela.
Castro subliñou que a campaña procura actuar sobre os máis novos porque, ao seu ver, constitúen o espectro da poboación que “máis acusa as medidas lesivas deste goberno galegófobo que ataca á propia lingua do país que goberna”. Castro reclamou a necesidade de “acabar co decreto de pluriliingüísmo e cun goberno que é o propio inimigo da lingua do país”.
Ademais, destacou a necesidade de darlle valor á lingua galega, que segundo afirma, sirve para comunicarse con milleiros de persoas no mundo, destacando que o “galego non separa, senón que une”. Esta campaña, que fai fincapé na necesidade de “rebelarse” falando galego, desenvolverase ao longo de todo o pais, con diferentes e diversas actividades: repartos nos centros de ensino, actos públicos con figuras relevantes da cultura e da lingua e accións en redes para as que contarán con persoas destacadas do ámbito da lingua.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.