O PP de Ourense a favor de pechar os espazos termais a pesar de que Baltar fala de provincia termal

Rexeita instar á Xunta a buscar unha solución para evitar o peche dos espazos termais públicos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/05/2021 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Ourense votou este venres en contra dunha iniciativa dos socialistas que pedía instar á Xunta a buscar "unha solución" para evitar o peche dos espazos públicos termais da cidade.

En encargado de defender a iniciativa foi o edil socialista Javier Rey, quen esixiu que o Partido Popular aclare a súa postura. "Quen di a verdade, o señor Alcalde afirmando que seeliminará o 80% da oferta termal ou vostedes cando din que o alcalde xera unha alarma innecesaria?", preguntoulle á portavoz municipal do Partido Popular Flora Moure.

O socialista asegurou que a normativa da Xunta supón unha "unha involución ou iso parece". "O sorprendente é que con esta lei, da que se desprenden unha serie de consecuencias, créase un problema inexistente", sostivo.

Así, lembrou que a nova lei de aproveitamento lúdico de augas termais de Galicia "aprobouse unicamente co voto dos populares". "O termalismo en Ourense está na UCI a piques de entrar nunha situación irreversible", criticou Rei, quen subliñou que os responsables da situación "están na Xunta" e "teñen a colaboración necesaria do microgoberno de Jácome".

Pola súa banda, na súa quenda de palabra, o PP sentenciou que coa nova lei "a Chavasqueira vaise a abrir completa". "Non ten porqué pecharse ningún vaso e, no caso de Outariz, pecharase soamente un en cada unha das instalacións" --a parte pública e a concesión--, dixo.

A moción non era vinculante e así o fixo saber a portavoz popular, Flora Moure, que acusou aos socialistas de tratar de "incendiar o debate" sobre o termalismo, como xa sucedeu en abril e marzo.

Auga quente procedente da xeotermia nas termas de Outariz, preto da cidade de Ourense /galiciaunica.es Cartel tapado coas letras 'Abanca' nunha oficina de Novagalicia /cocodrilodos
Auga quente procedente da xeotermia nas termas de Outariz, preto da cidade de Ourense /galiciaunica.es Cartel tapado coas letras 'Abanca' nunha oficina de Novagalicia /cocodrilodos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta