Galicia presume de superar o 60% de vacinación infantil da gripe nesta campaña

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2024 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Galicia alcanzou xa o obxectivo de vacinación da gripe na poboación de 6 a 59 meses ao superar o 60%, limiar marcado para esta campaña pola Consellería de Sanidade.

Nun comunicado emitido este xoves, a porcentaxe de poboación diana alcanzado a estas alturas da campaña supera en case 20 puntos á do pasado ano, que chegou no seu final ao 55,7%. A porcentaxe de vacinación subiu en todos os tramos de idade (+5% en menores dun ano, +5% nos dun ano, +8% nos de dous, +7% nos de tres e +5% nos de catro anos de idade).

Ademais, a campaña da gripe tamén chegou a máis do 80% dos maiores de 80 anos, segundo trasladou a Dirección Xeral de Saúde.

Vacinación a nenos
Vacinación a nenos | Fonte: EFE

Vacinación a un neno
Vacinación a un neno | Fonte: Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta