Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 20:36
A proposta impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística que se fixaba o reto de crear unha canle 'Xabarín' para reforzar a programación infantil e xuvenil en galego logrou o apoio na Cámara dos tres grupos que sentan no hemiciclo galego, dado que, se BNG e PSdeG fixérona súa para defendela, negociouse a incorporación dunha emenda do PPdeG, que se suma así ao acordo.
Á espera da votación deste mércores, os tres grupos perfilaron un acordo de transacción que insta a que a CRTVG aumente a oferta destinada á infancia e mocidade a través do reforzo do catro canles dixitais infantís --canles 'Xabarín'-- cos que conta a CRTVG.
E é que, durante o debate, a portavoz popular no mesmo, Raquel Arias, incidiu "no pouco éxito" das canles autonómicas de TDT clásicas. Así, o sinal das catro canles en cuestión sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, ADSL e teconoloxía móbil con programación infantil e xuvenil en todas as plataformas de contidos individuais.
A iniciativa tamén incidiría, segundo o debate no impulso de 'app' actualizadas que incorporen programas e xogos para garantir a presenza de contidos atractivos e educativos, ademais de incidir na produción galega. O PP tamén incidiu na necesidade de reclamar ao Goberno central que promova medidas para que TVE emita todos os seus contidos con opción dobladamente especificamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos do seu 'app'.
"BENVIDA" AO PP
Tras o debate, no que as deputadas do BNG Mercedes Queixas como a socialista Noa Díaz deron "a benvida" ao PP a un acordo co que confían nun "cambio de rumbo" para o galego, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, celebrou ante os medios este paso e que se incida noutras cuestións como o recoñecemento da pluralidade lingüística no marco do debate sobre a lei de comunicación audiovisual estatal.
"Isto é un dereito, non un capricho", apuntou pola súa banda, Noa Díaz, tras subliñar que "Galicia non pode quedar atrás" no que respecta á programación infantil e xuvenil en lingua galega.
Tamén no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisións lineais ou baixo demanda, ou ao impulso a acordos con outras administracións e empresas para garantir a opción dobrada en todas as plataformas dixitais de televisión entre outras cuestións".
"PRIMEIRO GRAN ACORDO EN 12 ANOS"
Maceira destacou que este é "o primeiro gran acordo" en materia lingüística "nos últimos 12 anos". Un logro que identificou coa "mobilización" que houbo ao redor dunha iniciativa que chegou á Cámara arroupada con máis de 30.000 firmas e que "anima", dixo, a seguir mobilizándose para que haxa "máis acordos". "Isto demostra que mobilizándonos somos capaces de conseguir avances para o galego", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.