Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2021 | Actualizada ás 19:19
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un novo movemento sísmico de magnitude 3,4 con epicentro no concello ourensán de Laza, o segundo en menos de 24 horas. Segundo detallou o 112 Galicia, un particular do lugar de Correchouso da localidade ourensá contactou co centro integrado de atención ás emerxencias ao redor das 17,45 horas deste sábado para alertar de que se produciu un tremor. Ademais, este home indicou que este novo movemento sísmico fora percibido no lugar de Naveaus.
Posteriormente, o Instituto Xeográfico Nacional confirmou ao persoal do CIAE 112 Galicia o novo tremor con epicentro en Laza, que se produciu sen causar ningunha situación de emerxencia. Precisamente, ao fío das 00,00 horas deste sábado, o Instituto Xeográfico Nacional rexistrou outro tremor de terra da mesma intensidade con epicentro en Laza que tamén se saldou sen danos.
Así mesmo, Galicia rexistrou na tarde deste mércores e a mañá deste xoves catro sismos de pequena magnitude que foron detectados por medidores do Instituto Xeográfico Nacional nun intervalo de 18 horas e cuxos epicentros se atoparon en Barreiros, A Veiga, Laza e Silleda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.