Unha cuarta parte dos galegos ten máis de 64 anos e serán un terzo da poboación dentro de 14 anos

Son previsións do Instituto Galego de Estatística.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/05/2021 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

A porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos con respecto ao total de poboación de Galicia aumenta ano tras ano e na actualidade representa o 25,4% (no ano 2020). As previsións, segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) sitúan o dato no 33% dentro de 14 anos.

Vellez: duas persoas maiores paseando
Vellez: duas persoas maiores paseando | Fonte: XUNTA - Arquivo.

Segundo os indicadores de lonxevidade do IGE, os galegos de 65 ou máis anos viven maioritariamente en fogares compostos só por persoas dese grupo de idade.

Con todo, entre 2018 e 2019 diminúe a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os membros nese rango de idades.

A provincia de Ourense é a que presenta maior porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os seus membros neste grupo de idade.

Por outra banda, os fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos son maioritariamente unipersoais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta