Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2021 | Actualizada ás 12:30
A provincia de Ourense non rexistra actividade sísmica desde este domingo 23, data na que se rexitra un último terremoto de 2.4 na escala de Richter no concello de Laza. Nos pasados días, varios municipios ourensáns rexistraron sucesivos terremotos, con Laza como epicentro, pero tremores tamén en puntos como Xinzo de Limia e Vilar de Barrio.
De feito, segundo os datos recolleitos polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), as últimas medicións sitúan un tremor en Xinzo o 21 e varios en Laza, o 22 e o 23 de maio, entre outros.
Estes terremotos forman parte da liberación de enerxía que se produce debido aos esforzos acumulados na cortiza terrestre, segundo sinalaron fontes do IGN consultadas por Europa Press o pasado venres, xornada na que se produciu o tremor de maior magnitude da serie.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.