O Concello da Coruña converte en peonil a Rúa Nova

Por E.P. | A CORUÑA | 31/05/2021 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada do concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, supervisou este luns a peonalización de Rúa Nova, "unha rúa no centro da cidade que se suma hoxe ás rúas perpendiculares que son peonís".

Así o expuxo a rexedora que manifestou que o obxectivo é "humanizar a cidade e recuperar espazos para a veciñanza en detrimento do vehículo persoal".

Rey sinalou que esta actuación forma parte do proxecto que se está realizando nos Cantóns para recuperar o espazo público para as coruñesas e coruñeses e ir ampliando estes espazos de convivencia.

"Buscando un urbanismo máis amable, máis sustentable que contribúa a potenciar outras formas de mobilidade persoal como poden ser as bicicletas ou os patíns, que convivirán nesta rúa coa cidadanía". A peonalización supón recuperar case 1.500 metros cadrados para as persoas.

Peonalización de rúas na Coruña. ANDY PEREZ
Peonalización de rúas na Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta