Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 22:20
O proxecto eólico do Monte do Gato, sobre o cal Galicia Confidencial informou recentemente, continúa avanzando de cara á instalación dun total de 40 aeroxeradores sobre unha zona de especial valor patrimonial e natural, segundo destacan os veciños da área. Precisamente, e para tentar frear un proxecto acusado de fragmentación "irregular", os habitantes dos tres concellos límítrofes con esta zona elevada veñen de lanzar unha petición en Change.org que acumula xa máis de 4.000 sinaturas contra a continuidade deste proxecto.
Aínda que, como informou o GC, o período de alegacións xa está rematado para os seis parques eólicos alí proxectos --segundo os veciños trataríase dun só, en realidade--, a veciñanza de Gato mantén a esperanza en que o achádego dun castelo milenario sirva para botar atrás un proxecto que, subliñan, ameaza con levar por diante mámoas "tan antigas como as pirámides de Exipto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.