Fiscalía pide o arquivo da denuncia contra o presidente do PP pontevedrés polas súas acusacións contra Kiko da Silva

Rafa Domínguez acusou o debuxante de recibir un contrato "a dedo" do Concello de Pontevedra para realizar o cartel das festas de entroido durante os últimos anos.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 02/06/2021 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

Fiscalía solicitou o arquivo da denuncia contra o presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, polas súas declaracións contra o debuxante Kika da Silva, ao que acusou de recibir un contrato "a dedo" do Concello de Pontevedra para realizar o cartel das festas de entroido durante os últimos anos.

O concelleiro portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez
O concelleiro portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez | Fonte: PP.

O xulgado de instrución número 4 de Pontevedra acolleu este luns a vista da denuncia presentada polo ilustrador contra Domínguez, que se reiterou nunhas palabras que, para Da Silva, atentan contra a súa honra e supoñen unha inxuria cara á súa persoa.

O responsable do PP, Rafa Domínguez, reafirmouse ante o xuíz nas súas declaracións, que encadra nun exercicio de liberdade de expresión e circunscríbeas á crítica política, aínda que non achegou proba algunha sobre as acusacións de "enchufismo" das que acusou o ilustrador.

Así, o portavoz popular insistiu en que o labor de contratación do grupo de goberno do BNG no Concello de Pontevedra debe facerse a través de concurso público e non beneficiando a unha persoa que figurou en candidaturas da formación frontista.

Finalmente, o fiscal pediu o arquivo da causa ao non apreciar a existencia de delito, polo que solicitou que a demanda sexa desestimada.

Rafa Domínguez puntualizou que non dubida da capacidade artística nin a profesionalidade do debuxante, pero cre que detrás da demanda de Kiko da Silva está o BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta