Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 13:18
A Mesa Pola Normalización Lingüística denuncia nas súas redes sociais o novo modelo de documento de identidade que presentou o Goberno. Este novo documento excluirá o uso do galego, o catalán e o euskera, que se viñan utilizando no DNI dende o 2001.
🔴 O Goberno do Estado presenta un novo documento de identidade que exclúe o galego.
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) June 3, 2021
Este novo documento deixará de estar en galego, como está agora, e pasará a estar só en castelán e inglés. Incluirá a denominación en inglés «National Identity Card». pic.twitter.com/kPaCrABb3w
Será obrigatorio que se expida este documento a partir do 2 de agosto e calcúlase que para o 2031 xa non se utilizará o actual DNI. Entre as novas características do documento de identidade que substituirá ao actual destaca que se inclúa a denominación en inglés, National Identity Card, mais non nas linguas cooficiais de España, tal como denuncia a Mesa. Ademais, actualizará a súa imaxe e incorporará novas medidas de seguridade.
Na súa conta de Instagram, A Mesa afirma que "xa tramitou unha quixa formal" ante a exclusión do galego. O galego, como o euskera e o catalán, estiveron presentes ata entón no documento grazas a unha lei surxida do Partido Popular catalán a principios de século.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.