Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2021 | Actualizada ás 14:32
Unha avaría nun transformador da rede eléctrica de Naturgy deixou sen luz a uns 2.000 clientes do centro histórico de Santiago de Compostela, segundo confirman a Europa Press fontes da compañía.
En concreto, explican as mesmas fontes, esta incidencia rexistrada ao redor das 10,20 horas débese á inundación dun transformador situado na Praza do Toural.
Desde entón, técnicos de Naturgy traballan para devolver o servizo na zona vella tras esta avaría que afecta non só a vivendas particulares, senón tamén a locais de hostalaría.
Pasado o mediodía, a maioría de clientes xa volveron a ter luz e só quedan 200 sen electricidade, segundo cifras da compañía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.