Por A.C. Pereira-Menaut | Santiago de Compostela | 07/06/2021 | Actualizada ás 21:30
A Xunta de Galicia eliminou un dos grandes obstáculos para a instalación de novas gasolineiras en Galicia. Logo de varias reunións ca Asociación Nacional de Estaciones de Servicio Automática (Aesae), o goberno autonómico dedidiu modificar o DOAG no cal se dicía que o Rexistro de instalacións petrolíferas tiña que ser constitutiva, é dicir, que o promotor tiña que esperar a que se lle enviara o documento de inscrición para poder operar.
A partir de agora o Rexistro pasará a ser declarativo, é dicir, chega con comunicar o proxecto para que este poida abrir. "Este Rexistro era unha anomalía dentro da lexislación española e da Unión Europea. Ningunha outra Comunidade Autónoma tiña un Rexistro de instalacións indutriais que tivese que autorizar expresamente a súa posta en marcha", declara Aesae.
Segundo Aesae esta medida fai facer que o panomada das petroleiras en Galicia cambie logo de arrartrar varios anos con baixo aumento da competencia no sector. Así, pensan que este cambio vai representar un incentivo para o sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.