Pontevedra acollerá este sábado unha concentración en defensa da sanidade pública

A mobilización terá lugar de forma simultánea en 60 cidades de España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A Coordinadora Anti-privatización da Sanidade Publica (CAS) e os sindicatos Prosagap, STEG, CGT e CNT levarán a cabo unha concentración en Pontevedra este sábado, 12 de xuño, ás 12,00 horas na Praza da Peregrina "fronte á privatización da sanidade pública". A mobilización terá lugar de forma simultánea en 60 cidades de España.

Os convocantes, na presentación este xoves en rolda de prensa da concentración, realizaron un chamamento á participación dirixido especialmente aos profesionais sanitarios.

Denuncian estes sindicatos o "desmantelamento" da sanidade pública e o "saqueo dos fondos públicos" en beneficio da empresa privada, algo que cualifican como un "crime". "Pagámolo coa nosa saúde e as nosas vidas", sosteñen.

Estes sindicatos alertan, ademais, de que "o deterioro da sanidade pública é cada día maior" e por iso chaman a esixir a blindaxe da sanidade pública e protestar polo desvío da recadación de impostos a empresas privadas cando "permanecen pechadas miles de camas en hospitais públicos".

Para lograr os obxectivos, os sindicatos defenden a derrogación da Lei 15/97 e do artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade, recuperar todo o privatizado, un novo modelo de Atención Primaria, unha industria sanitaria, farmacéutica e de investigación pública, acceso á sanidade universal e unha mellor atención para persoas maiores e dependentes.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta