Caballero chama á "unidade" das filas do PSdeG: "hai que pór o colectivo por enriba do individual"

O secretario xeral preséntase "con forzas e ánimos" para enfrontar os retos do futuro á fronte do partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou este sábado aos socialistas galegos a "reactivarse" para defender as "mellores propostas para o futuro" de Galicia e apelou á "lealdade" e a "a unidade" dos socialistas fronte á pandemia.

"Somos un partido útil a Galicia, que dá o mellor de si polos galegos e as galegas, e facémolo con lealdade e unha axenda marcada no noso país", sostivo o xefe de filas dos socialistas galegos, que asegurou que todos entenden que, "en tempos tan difíciles", hai que "pór o colectivo por encima de calquera cuestión individual".

O dirixente socialista lanzou esta mensaxe aos seus durante a súa intervención no arranque do Comité Nacional do PSdeG, máximo órgano entre congresos que este sábado se volveu a reunir de forma presencial en Santiago de Compostela tras un ano marcado polas restricións fronte á covid.

Á cita acudiron cargos como o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela; os secretarios provinciais de Pontevedra, David Regades, e Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, así como deputados autonómicos e nacionais, entre outros.

Ante os seus e tras ter un recordo ás socialistas falecidas recentemente Pomba Rodríguez e Isaura Abelairas, Gonzalo Caballero subliñou que a cidadanía pide que os políticos se "volquen" en facer "as mellores políticas fronte á pandemia" e de face á reactivación. "Temos que facer as cousas o mellor posible, ser permeables para asumir os cambios necesarios para o reto de futuro, pero facelo pensando en que o proxecto colectivo está por encima de calquera persoa, de calquera interese individual e de calquera tipo de estratexia", dixo.

ASEGURA ESTAR CON "FORZAS E ÁNIMOS" PARA AFRONTAR OS RETOS

Tras iso, agradeceu á militancia o seu acompañamento ao longo destes meses de pandemia e, nun contexto no que o PSdeG terá que renovar á súa dirección a finais de ano, asegurou estar con "forzas" e "ánimos" para facer fronte aos retos de futuro. "Quero dicir que todos xuntos estaremos nas mellores condicións para facer fronte aos retos de futuro", sostivo.

Gonzalo Caballero explicou que trasladou a toda a organización o compromiso de "pór o mellor" de cada un para "estar á altura das circunstancias e traballar cos horizontes electorais seguintes", sinalou en referencia ás municipais e xenerais de 2023.

Neste sentido e en pleno ecuador do mandato municipal, destacou que, a día de hoxe, o 55% dos galegos teñen a un alcalde ou alcaldesa socialista. "E necesitamos toda a forza do PSdeG para pór a nosa estratexia en defender ás persoas fronte aos riscos da crise e facelos pensando en incrementar toda a nosa capacidade de goberno municipal", dixo.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa.. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta