A Xunta activa o convenio de emerxencias con Unicef para axudar a máis de 4.000 persoas en Siria

Entre eles están nenos, familias e traballadores de centros de saúde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

A Xunta activou o convenio de emerxencias con Unicef Comité Español para a posta en marcha dunha intervención de axuda a 4.050 persoas en Siria, entre as que se atopan nenos, familias e traballadores de centros de saúde.

Con este apoio, Unicef comprará e distribuirá kits de auga e hixiene, subministracións básicas para centros de saúde, equipos médico e hixiénico para persoal sanitario e subministracións de desinfección de escolas e outras instalacións.

A actuación centrarase nos campos de desprazados habilitados no norte do país, incluídas as zonas de difícil acceso desde 2019 nas que máis se agravou o conflito. O Goberno galego colabora con Unicef para a execución de proxectos de acción humanitaria e emerxencia en países afectados por catástrofes de orixe natural ou humano. A entidade ten presenza en 190 países.

Entre 2012 e 2021, o importe das subvencións concedidas pola Xunta nesta materia --incluído este convenio-- roza os 880.000 euros.

Un campo de refuxiados desplazados pola guerra de Siria
Un campo de refuxiados desplazados pola guerra de Siria

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta