Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2021 | Actualizada ás 09:58
Máis do 93 por cento dos alumnos que participaron na parte obrigatoria da selectividade na comunidade galega logrou superar as probas. A Comisión Interuniversitaria de Galicia facilitou a última hora deste xoves as primeiras cifras de alumnos aprobados e presentados na ABAU, con motivo da publicación da listaxe de aptos da convocatoria.
Do total de 13.261 alumnos matriculados aos exames en Galicia e celebrados a pasada semana, finalmente presentáronse 13.115 tanto á parte obrigatoria como a voluntaria, o 98,9 por cento. Deles, uns 11.112 fixérono na parte obrigatoria, dos que aprobaron 10.359, o 93,22 por cento.
Trátase dunha cifra que mellora o resultado do pasado ano, a primeira convocatoria da pandemia e que estivo marcada polo confinamento domiciliario durante o curso. Ese ano rexistrouse preto dun 88 por cento aprobados entre os alumnos que realizaron a parte obrigatoria.
Nesta ocasión, a publicación das notas experimentou un leve atraso debido a un problema na entrega dun dos correctores e dunha das materias máis numerosas, como foi Lingua Castelá. Por iso, a CIUG pediu desculpas polo atraso, que xustificou na necesidade de ser "garantistas" na carga de datos e o cálculo de medias para evitar posibles erros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.