Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | VIGO | 18/06/2021 | Actualizada ás 19:53
Os sindicatos CC.OO. e UGT fixeron un chamamento a secundar a xornada de folga convocada para este martes para mostrar o rexeitamento á decisión de Caixabank de executar un ERE que suporá o despedimento de máis de 7.600 traballadores en toda España, algo menos dun centenar en Galicia.
CC.OO. subliñou que "se realizaron grandes esforzos e necesitáronse semanas de negociación" sobre este ERE para tentar un acordo antes de que expire do prazo dado pola entidade para executar o expediente de regulación, "o máis grande da historia da banca neste país", pero, lamentaron desde o sindicato, "a compañía non está disposta a ceder".
Por iso, a plataforma de unidade sindical convocou xornada de folga para este martes, día no que tamén se realizarán concentracións de protesta polos despedimentos forzosos e os recortes nas condicións do persoal. Así, ás 11,00 horas haberá actos reinvidicativos en Lugo (fronte á Subdelegación do Goberno), onde os despedimentos afectan ao 20 por cento do persoal, e tamén en Vigo e A Coruña.
O sindicato UGT tamén criticou que, a dúas semanas de expirar o prazo para pechar o acordo do ERE, a empresa "segue empeñada en defender unha postura radicalmente contraria aos intereses do persoal".
Os sindicatos advertiron de que os clientes da entidade "tamén sufrirán as consecuencias destes despedimentos", xa que se pecharán multitude de oficinas e haberá menos persoal para atención ao público.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.