O caso Losada

Galiciaconfidencial tentará explicar e contextualizar os últimos acontecementos que rodean ao secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/03/2007 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Esta muller, chamada Amalia Castro denuncia que foi despedida polo secretario xeral sen indemnización por pedir un aumento salarial, logo de oito anos traballando na súa casa sen pagarlle a Seguridade Social. Esta nova xa apareceu hoxe publicada en varios dixitais, concretamente, en Libertad Digital e tamén se falou do tema no programa de Jimenez Losantos na COPE.

Uns acontecementos que teñen provocado as críticas do PPdeG e, mesmo, un intenso rumor que suliña que Losada pode ter presentado a súa demisión. Un feito que este medio non ten confirmado e mesmo lle foi desmentido por fontes da dirección do BNG e mesmo da propia Vicepresidencia da Xunta.

Sen embargo, curiosamente, este rumor xurdiu onte mesmo, cando nas redaccións dos medios xa pululaba o mail de Amalia Castro (que mesmo foi remitido ao buzón de correos de persoas concretas), e se intensificou na mañán de hoxe con comentarios do tipo: "Losada xa presentou a súa carta de demisión as 12.00 horas da mañán", "Losada despediuse dos seus compañeiros de Vicepresidencia", "Losada xa tirou a toalla", etc.

Galiciaconfidencial decidiu onte non publicar este mail, non por non dar creto ao que nel contén, senon por algunhas dúbidas que sitúan esta mensaxe nunha campaña artellada contra Antón Losada, que comezou tras o lamentable incidente con policías en dependencias da Vicepresidencia.

Sen embargo, Galiciaconfidencial pediu a fontes non autorizadas de Vicepresidencia que contrastaran estes datos e suliñaron que, efectivamente, Amalia Castro traballou para Losada como asistente do fogar durante catro horas diarias. Ademáis, suliñaron que non foi despedida, senon que se decidiu prescindir dos seus servizos. Ademáis, amosaron a súa sorpresa por que teña aparecido agora este mail e convidan a Amalia Castro a que vaia aos tribunais se ten algo que denunciar.

Na dirección do BNG non sentou nada ben o contido desta carta ata que o propio afectado de as oportunas explicacións. En todo caso, polo de agora e tras a ofensiva do PP, non van mover fíos para pedir a demisión de Losada. "Xa se verá despois o que se fai", apuntaron as fontes consultadas.

Sen embargo, o PPdeG decidiu hoxe remitir unha nota de prensa que reproducimos:

Susana López Abella, advirte que, de confirmarse que Antón Losada tivo sen asegurar a unha empregada doméstica durante 8 anos, "estariamos ante unha situación grotesta, pero gravísima, por ser protagonizada polo responsable de campañas propagandísticas millonarias a favor dos dereitos da muller"

O PPdeG RECLAMA "EXPLICACIÓNS RÁPIDAS" ANTE AS PRESUNTAS IRREGULARIDADES LABORAIS COMETIDAS POR ANTÓN LOSADA

Santiago, 9 de marzo de 2007.- A voceira de Muller e Igualdade do Grupo Popular, Susana López Abella, reclamou hoxe "explicacións rápidas" da Xunta de Galicia, logo de coñecer as informacións publicadas hoxe por diferentes medios nas que se indica que o secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta, Antón Losada, tivo sen asegurar, durante 8 anos, a unha empregada doméstica, á que acabou despedindo sen indemnización algunha.

López Abella sinalou que desde o PPdeG "precisamos e demandamos unha explicación inmediata", engadindo que "de confirmarse a veracidade dos feitos denunciados, estaríamos ante unha situación que non por grotesca deixa de ser gravísima: o responsable de campañas propagandísticas millonarias a favor do recoñecemento dos dereitos da muller tería sen asegurar a unha empregada doméstica durante 8 anos".

"Precisamos explicacións por parte de quen o nomeou. Non se entende que alguén poda ter a ocorrencia de poñer a un raposo a coidar das galiñas", agregou a deputada.

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DO GRUPO PARLAMNETARIO POPULAR DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

2 Lugués

Probablemente non tardará en haber máis datos. Entrementres, eu agardo.

1 Antón Villar Ponte

Carallo, canto tardaron os de Galicia Confidencial para tratar este asunto! Como se nota que con este tema arde o eixo, como se di entre nós. Non sei se neste caso máis vale tarde que nunca, pero amiguiños, que imaxe a vosa...
Veña, seguide así polo país!