Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 12:33
A Esclores Lateral Amiotrófica (ELA) é a enfermidade neuromuscular máis frecuente e a terceira enfermidade neurodexenerativa máis común despois do Alzheimer e o Parkinson. Para concienciar sobre a súa improtancia, cada 21 de xuño celébrase o Día Internacional da ELA. A enfermidade caracterízase pola pérdida progresiva das neuronas motoras da médula espiñal e da corteza cerebral, unha doenza de alta mortalidade, falecendo os pacientes entre os 3 e 5 anos seguintes ao inicio da enfermidade.
En España unhas 3000 persoas padecen actualmente ELA, e calcúlase que cada ano uns 700 españois comecen a desenvolver síntomas desta doenza, tales como debilidade muscular nas extremidades, nos músculos da fala ou da respiración.
Os pacientes de ELA viron aumentada a súa vulnerabilidade coa crise da Covid-19, non só polo risco de mortalidade e as complicaicóns respiratorias, senón tamén polas consecuencias do distanciamento social, tendo en conta a necesidade de coidado diario que precisan os enfermos. O aumento de ansiedade e depresión aumentou significativamente entre os enfermos, algo que preocupa porque "os síntomas psiquiátricos en pacientes con ELA xa estaban moi por encima das taxas da poboación xeral", como explica o Dr. Alejandro Horga, Coordinadir do Grupo de Estudo de Enfermidades Neuromusculares da Sociedade Española de Neuroloxía.
A iniciativa #LuzporlaELA, unha campaña da Asociación Galega de Esclores Lateral Amiotrófica (AGAELA) e a Fundación Luzón iluminará máis de 60 edificios emblemáticos de Galicia para concienciar sobre a enfermidade. A Torre de Hércules, a Ponte Romana de Ourense ou a Cidade da Cultura serán algúns dos lugares que se tinguirán de verde xunto aos do resto de España, unha iniciativa que o ano pasado sumou 305 monumentos en todo o territorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.