Documento.- Losada resposta

O secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, remite un comunicado dando resposta ás acusacións feitas polo PP sobre as presuntas acusacións da súa ex empregada do fogar...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/03/2007 | Actualizada ás 21:41

Comparte esta noticia

COMUNICACIÓN OFICIAL DE ANTONIO LOSADA EN RESPOSTA A PETICIÓN DE ACLARACION DO PP

Santiago, 10 de marzo de 2007.- Ante as explicacións pedidas publicamente polo PP, formulando graves acusacións contra a miña persoa sobre a base de un rumor e unha suposta denuncia efectuada en algún medio sen ningún tipo de proba ou acreditación documental, e que me imputa determinadas irregularidades en materia de contratación laboral dun servicio doméstico, quero puntualizarlle ao PPdeG o seguinte:

1.- A traballadora Amalia Castro González, suposta asinante da denuncia nos medios, prestaba no meu fogar un servizo doméstico a tempo parcial nos termos previstos no Real Decreto 1424/85 e no Real Decreto Lexislativo RDLG 1/95, que establece que este tipo de relación no precisa facer contrato a través do servizo público de emprego, que o contrato non precisa a forma escrita e basta a forma verbal e neste caso prescríbese a súa duración por un ano susceptible de prórroga por períodos igualmente anuais salvo denuncia notificada ao traballador/a cunha antelación alomenos de 7 días antes do vencemento. A devandita relación de servicio doméstico articulábase atraveso dun contrato verbal pactado de mutuo acordo que tiña como condición que se prestaba por horas. Os termos do contrato verbal eran claros: un servizo doméstico a tempo parcial nunca superior a 80 horas ó mes e que ademáis incluía un mes de vacacións pagadas ao ano, en concreto o mes de agosto. Cada ano procedíase puntualmente a actualizar o que cobraba por hora traballada en función da carestía da vida, e sempre de mutuo acordo.

O montante das horas a traballar pactouse en función da dispoñibilidade da propia traballadora, quen compatibilizaba e compatibilizou sempre esta actividade coa prestación de idénticos servizos noutros domicilios particulares de Santiago de Compostela, o traballo como axente libre dunha mutua de seguros e un contrato laboral para o servizo de limpeza dun colexio de Santiago, onde traballaba todas as tardes de luns a venres mentres durou a relación.

Respecto do rexime de seguridade social, este tipo de relación rexese polo réxime especial de empregados do fogar, (Real Decreto 1251/01; no Real Decreto 1131/02 e na Orde Ministerial TAS/29/3006 de 18 de xaneiro). Cando a relación de servicio doméstico supera as 80 horas e se fai de xeito único e exclusivo para un único empregador, a obrigación de asegurar é do propio empregador. En todos os demais supostos, a obriga corre a conta do empregado. No caso de Amalia Castro, non concorría ningunha destas condicións: non superaba as 80 horas e efectuaba outros servicios domésticos e de limpeza fóra da miña casa. Era obrigación súa estar asegurada, así se lle manifestou sempre expresamente e sempre nos acreditou que estaba asegurada, como así era e proba delo é que cando lamentablemente sufriu unha grave enfermidade o seu seguro se fixo cargo da baixa.

2.-Amalia Castro González sempre estivo contratada principalmente para prestar tarefas de limpeza no fogar. A miña filla foi matriculada aos 6 meses do seu nacemento, no ano 2001, na gardería da Universidade de Santiago de Compostela, onde estivo ate cumprir o limite dos 4 anos, sempre en réxime de pensión completa. Alí a levabamos cada día e era atendida con esmero dende as dez da mañá e ate as 5 da tarde polo excepcional equipo de profesionais que traballan nese centro de referencia. Actualmente está matriculada en réxime de pensión completa nun colexio a onde acude diariamente en horario escolar. As follas de matricula de todos eses cursos están a disposición do Partido Popular se as quere verificar.

3.-Lamentablemente fai tres anos, Amalia Castro empezou a padecer unha enfermidade que chegou a tela de baixa por un período de varios meses, a nosa casa lle continuou pagando puntualmente cada mes porque quixemos facelo, o precisaba e nos pareceu de xustiza pois sempre se comportou adecuadamente con toda a familia. Contratouse á oportuna substituta, que nos foi recomendada pola propia traballadora e tiña unha relación de parentesco con ela. Cando recibiu a alta médica, reincorporouse á prestación deste servizo no meu domicilio nos termos que ela mesma fixou como máis axeitados para a súa mellor recuperación e poder someterse regularmente ós chequeos oportunos.

3.-En setembro do ano pasado, 2006, a traballadora Amalia Castro González plantexounos unha subida do prezo que cobraba por hora para continuar prestando este servizo na nosa casa, manifestándonos que de non aceptar as súas condicións, prefería marchar pois tiña outras ofertas mellor pagadas. Valoramos esta petición e finalmente acordamos que cesara na prestación do servizo doméstico, dado que ela tiña ofertas mellores e se ían a producir cambios nas miñas circunstancias familiares que ían a significar unha reducción significativa das horas de servicio a prestar no noso fogar. Non houbo polo tanto despido algún senón unha resolución de mutuo acordo que concluiu a prestación de servizos en setembro do 2006.

Os devanditos cambios pertencen á miña esfera estrictamente persoal, pero tamén podo dar conta detallada dos mesmos se o Partido Popular considera que ten dereito a coñecer esa información.

4.- Esta é a verdade dos feitos, que ademais teño acreditada coa documentación pertinente, documentación que a pesares de que pertence á miña vida privada, poño a disposición do PP. A partires de aquí, se alguén mantén ou contrario, rógolle que asuma a responsabilidade de acreditalo con probas.

Quero finalmente manifestar o meu estupor e desprezo polo feito de que un partido político democrático esixa a un responsable público que aclare un rumor e unha acusación sen proba algunha e feita non se sabe ben onde nin como, e difundida en medios de dubidosa credibilidade. Cada quen terá que asumir a súa responsabilidade pola súa forma de facer política. A miña é crer que todo o mundo é inocente mentres non se demostre o contrario e esa carga da proba corresponde sempre ó acusador.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

38 O moinante

Nom se fai nada bom com vós, Anxinho e Castrilhim, nom sei se os merecedes esta pequena classe.
O meu riso é longo, tam longo como é a nossa escravitude aos interesses do Vaticano e mais dos Usa. Em primeiro lugar perguntaros-vos polo General usaméricano Vernon Walters e a sua importancia na historia recente do Estado Español. E para que vaides apreendendo algo, ai vam dous livros, editados em Espanha.

La cia en España/Alfredo Grimaldos/Ed. Debate
La Santa Alianza, cinco siglos de espionaje vaticano/ Eric Frattini/ Ed. Espasa.
Suponho que sabedes ler e nom tedes medo ao conhecimento.

37 Pedro

Este tipo tiene más jeta...

36 Josiño

Tú sí que eres de dudosa credibilidad, Antoñito.

35 Xosé A. Pena

Por favor, deixade de empregar o apelido de Bóveda en van. É de moi mal gusto cando o fai xentiña que é antitética co seu pensamente, ética, etc.
Moitos dos ppeiros que se escandalizan coa noticia que semella extraida dos programas basura de telecinco e antena3, son os mesmos que calaron cando saiu a luz o caso "Nevenka" e puxeron a caldo a rapaza.
Por certo, si fose polos malos modos do Losada, que non diríamos do vello dinosaurio agora senador?

34 Caveira

A política que exerce actualmente o PP así como os gobernos de dereitas en xeral, é idéntica ás estratexias de combate que seguiron ao comezo dos seus inxustos bombardeos. Destruír, facer explotar puntos estratexicamente escollidos, vitais para proferir debilitamento e acadar a vitoria. No caso Español, a traca sobre o gasoduto ETARRA está dando bos resultados entre as xentes máis sinxelas. Aquí en Galiza os obxectivos están máis diversificados e comprendo que Losada está sendo observado por un satélite de tecnoloxía un tanto palleirana. Uns cantos “albatros” mariños (uns de carné e outros de corazón), cegados pola abondosa codia acumulada no pasado, levan tempo voando co trebello pola estratosfera galega. Identificado o punto estratéxico andan co satélite dun lado para outro, na procura das posibles fotos das armas de destrución masiva, que convenza á Xunta de seguimento. Pero claro, como será o pánico que lles provoca, que este tipo de carroñadas se converteu no seu principal alimento de oposición. Algún comentario deste confidencial apunta acertadamente ao que ben podería ser a tendencia dos novos deseños estratéxicos:
- Señor Losada, sabía usted que “su cara ya me resulta desagradable”! (Esta fermosa perla negra, foi chocada por unha valiosa Ostra do Pacífico Confidencial)
- Pues dimita por ello!
Para entón, e para bochorno non so do propio Losada, aparecerán nos medios de comunicación as súas fotos privadas: as da comunión, xunto ca clásica de recén nacido co piticlín ao aire;
- Aquí tienen el arsenal acumulado desde hace años. Losada, de niño, ya era de gesto desproporcionadamente desagradable.
Demostrado.
Isto solucionase cun bo ¡Pasa Caaaaan! e non perder comba nin tempo en exceso. Si apuntan, por algo é.