Abren dilixencias pola morte do menor afogado no encoro da Fervenza, en Mazaricos

A Garda Civil tomou declaracións a escolares, profesores e traballadores da contorna.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 de Muros abriu dilixencias en relación á morte dun menor no encoro da Fervenza, no municipio coruñés de Mazaricos, durante unha excursión escolar o pasado 15 de xuño.

Así o confirmaron a Europa Press fontes xudiciais, que puntualizaron que, ata o momento, non se chamou a ningunha persoa a declarar en calidade de investigada en relación a estes feitos.

A Policía Xudicial da Garda Civil de Noia (A Coruña) remitiu ao Xulgado de Instrución Número 1 de Muros o atestado sobre a morte afogado dun menor, alumno de primaria do CEIP Fogar de Carballo, durante unha excusión escolar.

Iso tivo lugar tras as actuacións da semana pasada da Policía Xudicial coa toma de declaración de testemuñas, tanto escolares, profesores e traballadores da contorna do encoro da Fervenza, no municipio de Mazaricos, para esclarecer a morte do menor.

Por iso, despois de tomar declaración o pasado mércores a menores que ían na excursión, o xoves e venres seguiron axentes cos testemuños de traballadores da empresa de multiaventuras coa que tiñan as actividades os escolares e de profesores. Unha vez finalizadas as dilixencias de investigación e concluído o ateigado co ditame da Garda Civil, foi remitido ao Xulgado de Instrución Número 1 de Muros, que abriu dilixencias.

Encoro da Fervenza
Encoro da Fervenza | Fonte: Igrexas en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta