"O Faro" non cautiva á audiencia

A serie na que a TVG inviste máis dun millón de euros colleita un 7,3% en Galicia e no chega ao 3% na maioría do resto das autonómicas, o que dificulta a súa prolongación máis alá dos 120 capítulos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/12/2013 | Actualizada ás 22:12

Comparte esta noticia

En outubro a Televisión de Galicia (TVG) estrenou a serie "O Faro" nos seráns das tardes a partir do luns. Trátase dunha produción privada (Agallas Films, Cinemar, Zenit TV e Pórtico de Comunicaciones) encargada polas cadeas públicas autonómicas.

Actores protagonistas da serie el Faro, unha produción de FORTA na que participa a TVG
Actores protagonistas da serie el Faro, unha produción de FORTA na que participa a TVG | Fonte: cafelascandelas facebook

A emisora do país aporta a metade do diñeiro e a outra metade os seus socios na FORTA e Canal Extremadura. Polos seis meses contratados, a TVG terá que aportar 1,3 millóns de euros.

"O Faro" presentouse como unha novidade no sector audiovisual. Non só porque as autonómicas fixeran unha serie coproducida, senón tamén polo reducido coste por capítulo, que xa suscitou unha considerábel polémica laboral. E é que con 22.500 euros por capítulo é moi difícil facer un produto de calidade pagando salarios dignos.

Polo de agora as cifras de audiencia non avalan polo de agora á coproducción. Segundo Vanitatis, a serie na TVG colleita un 7,3% de share, por debaixo dos 70.000 espectadores. Peor vai na CMT, con só o 1,6; Televisión de Canarias, con un 2,4%; e Telemadrid cun paupérrimo 0,3% tras ser trasladada dende o serán á mañá, colleitando menos de 5.000 espectadores.

O resto de autonómicas non a estrenaron aínda, incluídas as máis importantes, ETB, Canal Sur e TV3. Tampouco o fixeron IB3 e Aragón Televisión. Si o fixo na desaparecida Canal Nou, onde non pasou do 1% de audiencia. O problema é que Canal Nou desaparece e é unha das compañías que debía pagar a produción.

No acordo inicial estaba previsto filmar 120 capítulos, dabondo para unha tempada de seis meses. Con todo, as productoras esperaban que o reducido custe e o modelo de coproducción lles permitise renovar máis temporadas, algo difícil vistas as cifras de audiencia.

Unha mala noticia para o sector audiovisual galega xa que "O Faro", malia pagar uns salarios cativos, dá emprego a ducias de profesionais que terían unha difícil recolocación neste contexto de crise no audiovisual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Eununcasereiyo

O que non se pode negar é que o Sr. Pancho Casal como bo galego e traballador de unha serie financiada con diñeiro dos galegos, emprega o galego moi ben.... En fin....

2 Pancho Casal

En Galicia llevamos dos semanas entorno al 10% con un máximo del 11,8% la pasada semana lo que se puede considerar un muy buen dato de audiencia en esa franja, sobretodo teniendo en cuenta que el target mayoritario es de mujeres de 25 a 50 años urbanas, el más interesante para las cadenas. Queda mucho por delante para poder consolidar la serie y los 200 profesionales que la sacamos a delante cada día confiamos en poder hacerlo.

1 Pancho Casal

Trabajo en O Faro y me gustaría concretar los datos de este artículo: Es verdad que los resultados fuera de Galicia han sido insuficientes,pero el reto que se le planteaba a la serie era titánico ya que tenía que conseguir captar la audiencia femenina de las tardes en las que muchas de ellas tenían audiencias mínimas después de muchos años de llenar las parrillas de la tarde con películas del Oeste dirigidas a otro tipo de públicos. El Faro no ha conseguido igualar las medias de esas cadenas, pero sí ha mejorado sus datos en cuanto al público femenino. De manera puntual se han conseguido los siguientes máximos en cada cadena: Asturias: 4,9%; Canarias: 4,6% y el especial dedicado a la serie en prime time un 7’5%; Madrid: 5,8%;Castilla la Mancha: 4’9% y Valencia: 2,1%.