Aumentan a 184 os positivos en Galicia derivados do gromo estudantil de Mallorca

Son 27 casos máis.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/07/2021 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade confirmou este venres que os positivos en Galicia derivados do 'macrobrote' das viaxes de fin de curso con orixe en Mallorca, alcanzan a cifra de 184.

Un policía nacional fai garda fronte ao hotel Palma Bellver, onde estaban confinados 249 mozos que tiveron relación directa ou indirecta co gromo dunha viaxe de estudos a Mallorca
Un policía nacional fai garda fronte ao hotel Palma Bellver, onde estaban confinados 249 mozos que tiveron relación directa ou indirecta co gromo dunha viaxe de estudos a Mallorca | Fonte: Isaac Buj - Europa Press.

Segundo detallou o departamento da Xunta, destes 184 casos --detectados en novos cribados--, Pontevedra concentra 139 positivos; seguida pola Coruña, con 24 casos; Lugo con 17; e Ourense con 4.

Así, os positivos vinculados ao gromo estudantil da illa balear aumentaron en 27 casos respecto dos últimos datos ofrecidos este xoves polo propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que indicara o rexistro de 157 positivos.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o titular do Executivo galego cifrara en 550 os contactos estreitos identificados. Sanidade confirmou que, con data de este venres, o número de contactos rolda os 500.

Doutra banda, outros 10 estudantes galegos permanecen illados nun hotel de Mallorca tras dar positivo en covid-19, tal e como confirmou na mañá deste venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta