A Deputación de Pontevedra reclama a Feijóo "unha maior coordinación con Portugal" para o Camiño pola costa

Carmela Silva dirixe unha carta a Feijóo,

Por E.P. | Pontevedra | 07/07/2021 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra insta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "unha maior coordinación con Portugal" na preservación e promoción do Camiño portugués pola costa.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. RAFA ESTEVEZ
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. RAFA ESTEVEZ | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A institución súmase así ás queixas dos concellos da Guarda, Oia, O Rosal e Baiona polos "problemas que se están producindo", para os que reclama "unha inmediata solución".

A presidenta da entidade, Carmela Silva, dirixiu unha carta a Feijóo, na que, segundo apunta a Deputación, traslada "o malestar dos alcaldes".

"Estando xa no bienio Xacobeo 2021-2022 non nos podemos permitir perdas de calidade ou prestixio nos itinerarios que levan a Santiago", advirte na misiva.

Os rexedores manifestaron o seu "malestar" polo "irregular funcionamento" do ferri entre Caminha e A Guarda e denuncian "desinformación" con respecto ao trazado oficial do Camiño pola costa. "Están a promoverse desde o país veciño alternativas que nada teñen que ver", avisa.

Por iso, Silva reclama ao titular da Xunta que "dirixa ou canalice as actuacións pertinentes para a correcta coordinación coas autoridades portuguesas implicadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta