A CRTVG emitirá os partidos finais da 'Champions' de fútbol gaélico

O acordo para os dereitos de transmisión foi anunciado pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico, facéndose eco na propia prensa de Irlanda.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

A elite do fútbol gaélico xoga na TVG. O ente público galego vén de mercar os dereitos para emitir as semifinais e final do campionato All - Ireland, que se celebrará o vindeiro mes de agosto e está considerado como o máximo torneo deste deporte polos seus adeptos, que dende os últimos anos se contan cada vez máis en Galicia. 

Gradas nunha final do campionato All Ireland de fútbol gaélico
Gradas nunha final do campionato All Ireland de fútbol gaélico | Fonte: Limerickleader.ie

A nova foi adiantada polo Irish Examiner, que vencella a compra dos dereitos de emisión do All - Ireland á “suba” de popularidade deste deporte dentro das fronteiras galegas; en particular despois de que na década pasada se conformaran os primeiros equipos galegos desta disciplina: Coruña Fillos de Breogán e Estrela Vermelha.

As emisións desenvolverase o 14, 15 e 29 de agosto, segundo confirmou a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, que apuntou na súa conta de Twitter o seu entusiasmo ante unha retransmisión que “vai permitir ao público galego coñecer como é o fútbol gaélico de máximo nivel”

"VENCELLO CELTA"

Dende o Examiner amósanse curiosos ante a paulatina implantación deste deporte en Galicia. Na nova que recolle o caso dos dereitos de retransmisión tamén fan referencia á liga de fútbol gaélico desenvolta en Galicia e que comeza en cada mes de outubro enfrontando a un total de nove equipos. “Crese que a histórica conexión celta entre Irlanda e Galicia está detrás do interese que alí teñen polo xogo”, apuntan os irlandeses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta