Os produtos da Praza de Abastos, na túa casa cun só 'click'

A dixitalización do mercado chega a Santiago da man da empresa galega Kibus.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A empresa galega Kibus leva a domicilio os produtos locais máis frescos do mercado de abastos santiagués. A plataforma de venda on-line de produtos frescos da praza, xa consolidada noutras cidades, chega a Santiago coa intención de "apoiar o comercio local". Carnes, verduras,hortalizas, froitas, pans e outros alimentos frescos e ecolóxicos están

Praza de abastos. EUROPA PRESS - Arquivo
Praza de abastos. EUROPA PRESS - Arquivo

dispoñibles a través da web www.kibus.online, onde se actualizan diariamente os prezos e o xénero dispoñible.

Desde xa, a través desa páxina, calquera persoa poderá facer a compra cun só clic no Mercado de abastos, e "nunhas horas, sen gastos de envío nin pedido mínimo", será levada ao domicilio. Desta maneira, indica Kibus, a compra sairá ao mesmo prezo que se se fai directamente no mercado. "Ofrecemos a posibilidade de que a xente poida comer máis san e sustentable, apoiando ao comercio de proximidade", indican nunha nota. "Nestes tempos as vantaxes deste tipo de venda local son evidentes e nótase na implicación do cliente", explica Eduardo Sanjurjo, quen dirixe a iniciativa.

A idea naceu, din, pensando naquelas persoas interesadas nunha alimentación máis saudable que, polo seu traballo ou quefaceres diarios, non ten tempo para achegarse a calquera mercado de abastos local. Porén, o perfil do usuario ha de ir ampliándose tamén a un sector da poboación de idade máis avanzada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta