Por E.P. | Lugo | 09/07/2021 | Actualizada ás 15:41
A Garda Civil detivo tres mozos, dous deles veciños de Lugo e un terceiro do Corgo, por un roubo con forza cometido nunha vivenda na que subtraeron 38.000 euros no concello de Baralla.
Segundo informou o Instituto Armado, as detencións producíronse no marco da denominada 'Operación Malali'.
A investigación, relataron as mesmas fontes, conduciu aos axentes aos presuntos autores, os cales aproveitaron a ausencia dos moradores da vivenda a consecuencia da súa actividade laboral e accederon á mesma a plena luz do día tras escalar unha terraza situada a un tres metros de altura, para unha vez no interior subtraer o diñeiro.
COCHES E HOTEIS
Os presuntos autores, aseguran as mesmas fontes, aproveitaron o diñeiro subtraído para adquirir días posteriores á comisión do roubo, dous coches de gran cilindrada, gozar de xornadas de lecer en hoteis, así como outros gastos.
Os vehículos foron postos a nome de terceiras persoas coa suposta intención de eludir responsabilidades xudiciais en caso de ser descubertos, concreta o Instituto Armado. Ademais, investígase para a recuperación da maior parte do diñeiro subtraído e a súa posta a disposición do seu lexítimo propietario.
Os detidos foron postos este xoves pasado a disposición do titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Número 1 de Becerreá (Lugo).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.