As rutas en paddle surf, unha opción para desfrutar das augas do río Lérez

Poderán facerse os roteiros durante os meses de xullo e agosto e en horario diurno e nocturno.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Tras o rotundo éxito que a actividade tivo en 2020, Turismo de Pontevedra decidiu ampliar este verán a todos os sábados e domingos da segunda quincena de xullo e do mes de agosto as rutas fluviais do programa Paddle Surf Pontevedra, organizadas en colaboración con Urban Culture Factory. A páxina web de Visit Pontevedra abriu este mércores, 14 de xullo, o prazo para inscribirse nos roteiros diúrnos e nocturnos pola augas do río. Desenvolveranse en grupos de oito persoas e darán comezo o próximo sábado 17 de xullo co itinerario de noite.

Rutas de paddle surf polo río Lérez - cedida
Rutas de paddle surf polo río Lérez - cedida

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, está convencida de que esta activdade motivará este ano "o mesmo furor que na súa edición anterior, no que as prazas tardaron apenas unhas horas en esgotarse". Ademais, para que todas as persoas poidan desfrutar desta experiencia, Blanco recalca que se lles dará prioridade a aquelas persoas que non fixeron a actividade con anterioridade.

A edil socialista destaca as potencialidades do río Lérez para practicar este deporte, sobre todo no seu paso pola cidade de Pontevedra, onde o treito é completamente plano. Por outra banda, tamén asegura que "para practicar este deporte non é preciso nin sequera saber nadar, xa que o equipo que se facilita (incluídos chalecos e neoprenos) garante total seguridade".

En canto aos horarios, están previstas dúas saídas para os sábados, unha de tarde outra nocturna. No domingo haberá outras dúas, unha pola mañá e outra pola tarde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta