Retais de mulleres galegas crearán un gran tapiz conmemorativo do Prestige

A idea, levada a cabo en colaboración co Concello de Fisterra, enmárcase dentro do procto de recuperación da memoria da Marcha Mundial de Mulleres (MMM) do 2003

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2021 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Continúa moi vivo o proxecto de recuperación da memoria daquela histórica Marcha Mundial de Mulleres (MMM) do 2003 celebrada en Cee e Fisterra no marco das protestas contra a xestión da catástrofe do Prestige. Un fito do feminismo galego, que a investigadora e curadora, colaboradora da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra e de QPC, María Bella, está tratando de traer de novo á actualidade.

Tea da artista Rosie Lee Tompkins
Tea da artista Rosie Lee Tompkins | Fonte: QPC

Xa o pasado marzo, arredor do #8M, unía forzas coa Asociación Femisnista As Curandeiras de Vimianzo, co apoio documental de Mulleres Nacionalistas Galegas e xunto aos relatos de mulleres da Asociación feminista Buserana para recuperar e mostrar nas rúas unha veintena das imaxes desta marcha.

Agora a idea é facer, en colaboración co Concello e con varias entidades de Fisterra, un gran tapiz de tea no que mesturarán imaxes, texto, debuxos e outras pegadas coas que deixar constancia do acontecido. O formato de tapiz retoma as primeiras prácticas artísticas feministas dos anos 70 que buscaban por en valor as tarefas propias das mulleres que foran sempre denostadas a ollos dos homes reconverténdoas en prácticas artísticas experimentais e de liberación. Serven de inspiración artistas clásicas dos femisnismos artisticos como Miriam Shapiro ou Judy Chicago ou artesans das teas menos coñecidas como Rosie Lee Tompkins, como esta.

CHAMAMENTO

De aí que a proposta faga un chamamento a todas as mulleres da Costa da Morte e de toda Galicia, para que envíen retais de teas para conformar un tapiz colaborativo.

O tapiz será elaborado coa colaboración das mulleres do obradoiro de costura creativa e de accesorios conducido por Estefanía Domínguez Trillo no Concello de Fisterra. Compoñeráse coas imaxes e documentos de arquivo e coas distintas teas de mulleres. Estará exposto ao público na Casa do Arco de Fisterra a partires do 18 de setembro.

Así as que queirades participar podedes poñervos en contacto con María en mariabellabuschmann@gmail.com ou enviar directamente durante o mes de xullo o(s) voso(s) retais de tea (poden ter a cor ou estampado que queirades e o tamaño que consideredes (unha boa medida de referencia é o A3) á súa oficina: Rúa Antonio Porrúa, 3, Corcubión, 15130.
Podedes porsuposto incorporar se así o desexades unha mensaxe ou un nome.

 

Do medio colaborador Que pasa na Costa: https://www.quepasanacosta.gal/articulo/fisterra/mulleres-tecendo-memoria-nunca-mais-chapapote-patriarcal/20210713115741128542.html 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta