Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/07/2021 | Actualizada ás 15:36
O positivo por Covid-19 de dous socorristas e a baixa de nove contactos estreitos neste servizo levou a baixar a bandeira azul en catro praias do municipio de Sanxenxo.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, en concreto a bandeira azul non ondeará temporalmente nas praias de Area de Agra, A Lapa, Areas Gordas e Nosa Señora da Lanzada debido a once baixas por Covid rexistradas no servizo.
O Consistorio notificou na mañá deste xoves á Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, organismo que concede os distintivos, a imposibilidade de dotar de salvamento estas catro praias e de forma voluntaria baixou a insignia.
Destes 11 traballadores, dous deron positivo en Covid e outro nove mantéñense illados, tal e como marca o protocolo de seguridade sanitaria por ser contactos estreitos.
O goberno municipal resaltou que traballa para suplir estas baixas temporais "canto antes" e volver izar as bandeiras azuis destes areais. "A elección destas catro praias realízase segundo criterios estatísticos de afluencia e incidencias que se obtén cada tempada estival", engaden as mesmas fontes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.