Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 17:21
A tartaruga mariña Nbego, atopada en abril no municipio de Cariño, foi devolta ao mar tras a súa recuperación nos últimos meses.
Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente nun comunicado, o exemplar apareceu o 20 de abril nas redes do barco 'Novo Begoña' e sobreviviu grazas á rápida actuación do patrón e tripulación, que avisaron ao Cemma para a súa supervivencia.
No momento no que se atopou, o exemplar medía 33 centímetros e pesaba 2,2 quilos. Nun principio, ingresou na UCI de tartarugas mariñas que o Cemma ten en Nigrán, onde mellorou e comezou a alimentarse por si mesma.
Posteriormente, a tartaruga foi trasladada ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar, que está localizado na Illa de Arousa.
No que vai de ano, recuperáronse nas costas galegas a seis tartarugas comúns. Son máis de 120 tartarugas vivas atopadas en 20 anos en Galicia.
LICENZAS URBANÍSTICAS EN CASTRO DE REI
Noutra orde de cousas, a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, felicitou ao alcalde de Castro de Rei Francisco Balado, por reactivar a concesión de licenzas urbanísticas no municipio coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Nunha reunión esta semana, trasladoulle o compromiso da súa Consellería para buscar solucións que permitan protexer os valores do seu centro histórico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.