Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2021 | Actualizada ás 19:56
Un home e tres novos tiveron que ser trasladados para recibir asistencia médica despois de sufrir un accidente co vehículo no que circulaban pola autovía do noroeste, ao seu paso por Aranga.
Pasadas as 14,30 horas deste sábado, unha testemuña do sinistro chamou ao 112 Galicia para notificar a saída de vía producida no punto quilométrico 549 da estrada A-6, nos carrís de sentido a Arteixo.
Na mesma comunicación, a persoa afirmou que o vehículo estaba envorcado na calzada e que os ocupantes, a pesar de estar xa fóra do mesmo, podían necesitar asistencia médica.
Os operadores do CIAE-112 Galicia informaron os servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Betanzos e ao GES de Curtis.
Finalmente, xa desde o lugar do sinistro, os membros do GES confirmaron que os ocupantes do vehículo, un adulto e tres menores, foron trasladados. Desde o 112 Galicia tamén se lle pasou aviso do accidente ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.
CICLISTA TRASLADADO EN MUROS
Doutra banda, un ciclista tamén tivo que ser trasladado ao centro médico de Muros, tras chocar contra un coche no lugar de Laxeiras, na parroquia de Serres. Sufriu feridas de carácter leve.
O 112 Galicia tivo aviso do accidente sobre as 17,00 horas mediante a chamada dun particular. Así, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Muros, o GES do municipio e o 061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.