A unidade de atención psicolóxica da USC atendeu 180 solicitudes e ten aínda 72 estudantes en lista de espera

Os responsables esperan "sensibilidade" por parte das administracións para "conseguir financiamento" e "continuar coa unidade".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/07/2021 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

A unidade de atención psicolóxica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) atendeu desde maio, momento da súa creación, 180 solicitudes e conta con 72 aínda en lista de espera, que se resolverán en setembro. Así o indicaron este venres en rolda de prensa o responsable da unidade covid da USC, Antonio Ferreira; e a responsable da atención psicolóxica da mesma, Ana López Durán, que cualificaron de "éxito" a iniciativa, "creada dun día para outro" e que fora"unha demanda insistente durante anos".

Varios estudantes esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
Varios estudantes esperan para facer un exame nunha aula da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Europa Press.

"O comportamento dos estudantes foi exemplar e, precisamente iso provocou efectos colaterais psicolóxicos. Non foi un ano normal, posto que lles faltou, sobre todo aos de primeiro ano, os máis importante cando comezas a túa etapa universitaria: a sociabilidade", explicou Ferreira.

Neste sentido tamén se expresou Durán, que lamentou que se "culpabilice" da situación aos mozos, "posto que hai comportamentos incívicos en todos os ámbitos". "O traballo desta unidade demostra que non están desconectados da pandemia, aféctalles e moito", defendeu a psicóloga.

"As relacións sociais son un alicerce fundamental para a xente nova; é básico para eles contar cunha rede ampla e coñecer xente. O que pasa durante a adolescencia e a mocidade pode marcar o seu futuro, polo que hai que prestarlle atención", sinalou Durán, que criticou que en España "se presta atención aos problemas xa instaurados, pero non á súa prevención", aínda que destacou que as novas xeracións teñen a psicoloxía "máis naturalizada".

FUNCIONAMENTO DA UNIDADE

Cando un estudante requiría atención psicolóxica, púñase contacto coa unidade mediante un correo electrónico "contestado sempre o día" e, a partir de aí, "valorábase a súa situación e establecíase atención persoal mediante a plataforma Teams" -aínda que a unidade también traballa presencialmente no Campus Sur da universidade--.

Das 182 demandas recibidas, 110 foron atendidas, algunhas delas derivadas a unidades médicas especializadas, e do total, 28 están de alta. Aínda que hai lista de espera -a unidade está formada por tres psicólogas sanitarias e dúas persoas que atenden o servizo, dispoñible as 24 horas--, Ana apuntou que "os casos de emerxencia psicolóxica eran atendidos inmediatamente".

"MÁIS ALÓ DA PANDEMIA"

Os dous responsables expresaron o seu desexo de manter a unidade en setembro, para cando se atenderán as solicitudes en espera e poranse en marcha diferentes talleres sobre como enfrontar situacións de tensións, entre outras problemáticas, pero Ferreira apuntou que "se necesita financiamento".

"Queremos manter a unidade aínda que superemos a pandemia, pero se queremos continuar, necesitamos financiamento. O plan de financiamento da universidade non o contempla, pero esperamos sensibilidade por parte das administracións autonómicas", asegurou Ferreira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta