Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2021 | Actualizada ás 17:54
A Feira do libro da Coruña inaugurou este domingo a súa 50 edición, na que se retoman as presentacións de libros e os contacontos --tras anularse pola covid-19-- e que se prolongará ata o vindeiro martes 10 de agosto. Á inauguración asistiron o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; e o primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, que estiveron acompañados por María Pousa, irmá do xornalista Luís Pousa e encargada de ler o pregón no seu nome.
O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade celebrou a "longa traxectoria da cita que este ano fai medio século de vida". "A implicación dos libreiros da cidade, das administracións e dos profesionais que participades ao longo destes días nesta feira é a clave para que hoxe celebremos estes 50 anos e para que a Feira do Libro da Coruña sexa hoxe una das máis importantes do circuíto", sinalou Anxo M. Lorenzo.
Borrego, pola súa banda, sinalou que os libros "volven á rúa para ser gozados" e destacou a "importante" presenza na feira de Pardo Bazán no ano do seu centenario. Ademais, subliñou o "éxito" que obtiveron os bonos culturais dentro do plan de rescate municipal 'Presco'. Con eles, "os coruñeses puideron facerse con volumes por practicamente a metade de prezo e isto supuxo un soporte importantísimo para un sector que na cidade é primordial", remarcou Borrego.
Neste sentido, o primeiro tenente avanzou que o Goberno local prepara novas axudas ao sector cultural e en concreto para o sector das librarías, "peza fundamental para seguir fomentando o hábito da lectura". No pregón, o xornalista coruñés, na voz da súa irmá, destacou a importancia dos cómics tradicionais como ferramenta para incentivar a lectura entre os máis novos e lembrou como aprendeu a ler nos xardíns, porque "quería saber que dicían aquelas letras que lle saían da boca ao tío Gilito, a Rompetechos e a Mortadelo e Filemón...".
No evento participan 18 librarías e oito editoriais que desenvolverán máis de 100 actividades ao longo de 10 días, nos que se darán cita, entre outros, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Ledicia Costas e Manuel Jabois.
INAUGURACIÓN MOSTRART
Tamén este domingo inaugurouse, nos xardíns coruñeses de Méndez Núñez, a feira de arte 'Mostrart', "consolidada como a feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España", sinalou o Concello da Coruña nun comunicado. Á inauguración asistiron o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego.
Na deste ano, a edición número 37, participan 73 talleres, que estarán presentes nos xardíns coruñeses do 1 a 29 de agosto, "convertendo a este espazo emblemático da cidade no centro neurálxico da artesanía da comunidade", segundo destacou elteniente de alcaldesa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.