17 cociñeiros que reúnen 44 estrelas Michelin participan nun evento gastronómico para realizar un tramo do Camiño

Debido á situción sanitaria, participarán 13 chefs menos que na pasada edición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O evento gastronómico 'Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago', que organizan o restaurante Casa Barqueiro e a Xunta, reunirá o 9 de agosto a 17 cociñeiros nacionais de prestixio --entre todos suman 44 estrelas Michelin-- para realizar un tramo do Camiño e reunirse no restaurante organizador, situado en Negreira.

Un dos propietarios de Casa Barqueiro, Rogelio Rial, participou este mércores no acto de presentación do encontro gastronómico xunto á directora de Turismo, Nava Castro, e ao director de Cáritas Santiago. O restaurador agradeceu tanto á Xunta como aos chefs asistentes a súa predisposición á hora de facilitar a organización do evento.

"O obxectivo do encontro é reforzar ao sector hostaleiro e turístico, sen perder de vista a situación sanitaria actual", recoñeceu Rial. Idea na que tamén redundou Nava Castro, quen asegurou que "a esixencia de coidar as condicións sanitarias debe ser máxima para poder celebrar o evento da mellor maneira".

O acto contará con menos cociñeiros que a edición de 2020. Dos 30 que participaron nesa edición, pasan aos 17 actuais. Aínda así, as entradas para a comida solidaria que se celebrará cos chefs en casa Barqueiro levan esgotadas varios días. Os asistentes poderán gozar de produtos agroalimentarios galegos de calidade.

Presentación do evento gastronómico 'Estrelas Solidaria non Camiño de Santiago'. XAIME CORTIZO
Presentación do evento gastronómico 'Estrelas Solidaria non Camiño de Santiago'. XAIME CORTIZO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta