Por Europa Press / Redacción | VALLADOLID | 21/12/2024 | Actualizada ás 15:12
A ministra de Igualdade, Ana Redondo, avanzou este sábado, 21 de decembro, que o novo Sistema VioGén II, para seguir os casos de violencia machista, presentarase a "mediados" ou "finais" do próximo mes de xaneiro de 2025. Así o indicou en declaracións recollidas por Europa Press tras participar nunha concentración contra a LGTBIfobia en Valladolid, onde precisou que Igualdade está a traballar para "actualizar" o sistema.
"É para o Ministerio unha prioridade absoluta e estamos en colaboración con todos os ministerios, fundamentalmente co Ministerio do Interior", destacou, para incidir en que VioGén é un sistema que "funciona", "salva vidas" e polo que "máis de 100.000 mulleres están protexidas". Non entanto, sinalou que é "consciente" de que é "necesario" seguir "avanzando na protección e na garantía da liberdade das mulleres", o que se pretende co Sistema VioGén II que está a preparar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.