O embaixador de Xapón será o encargado de dar o pregón da Feira do Cocido de Lalín

A festa celebrarase o 23 de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/12/2024 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O embaixador de Xapón en España, Takahiro Nakamae, será o encargado de dar o pregón da Festa do Cocido de Lalín, que se celebrará o 23 de febreiro. "É a primeira vez que un diplomático dun país importante do estranxeiro é o pregoeiro. Con esta elección queremos profundar na internacionalización da feira", detallou o alcalde da localidade pontevedresa, José Crespo. O alcalde indicou que lle fixo a proposta ao representante do país nipón durante un encontro con senadores na embaixada.

Cocido galego en conserva de Embutidos Lalinenses
Cocido galego en conserva de Embutidos Lalinenses | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta