Piden ao concello de Carnota que limpe os sendeiros do Monte Pindo

A asociación Monte Pindo Parque Natural rexistrou unha solicitude formal para que o concello leve a cabo as "necesarias e urxentes" tarefas de limpeza.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Nas últimas semanas o Monte Pindo foi escenario de continuos extravíos de sendeiristas. Veciños e asociacións critican o mal estado no que se atopa un dos montes máis emblemáticos de Galicia, en concreto o sendeiro de Penafiel, un dos máis populares.

Monte Pindo, en Carnota
Monte Pindo, en Carnota | Fonte: wikipedia

Ante esta situación, Monte Pindo Parque Natural rexistrou unha solicitude formal no Concello de Carnota pedindo a limpeza "necesaria e urxente" do camiño de Penafiel e doutros que se atopan nun estado semellante. Tamén solicitan que as labores de limpeza "non se fagan de modo puntual, senón que, periodicamente, se leven a cabo as diferentes accións para conservalo en óptimas condicións durante todo o ano".

Dende a asociación lembran que "clausurar camiños non é a solución", senón que hai que apostar pola limpeza, como se facía nos últimos anos. Proba disto é o convenio con Google no 2017 co que conseguiron mapear os diferentes camiños para percorrelos virtualmente e onde se ve o seu coidado, como recordan. 

Tamén critican "a penosa reacción do executivo carnotán" ante as denuncias feitas pola asociación.  "Lonxe de escoitar e atender a demanda social e destinar os recursos precisos, o goberno local utilizou partidariamente as redes sociais corporaticas do concello para atacar dende elas a Monte Pindo Parque Natural, chegando a acusarnos de facer fake news e mesmo aconsellando aos seus usuarios ignorarnos". Ante isto, aseguran que defenderán o Monte pindo "como levamos facendo nos últimos 10 anos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta