BNG censura subvencionar con case tres millóns de euros da Xunta para a instalación de caixeiros automáticos

A deputada Olalla Rodil referiuse ao caso de Deutchsbank na cidade de Lugo, que pechou a única sede e os usuarios do banco "teñen que desprazarse a Coruña".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A viceportavoz do BNG e parlamentaria autonómica por Lugo, Olalla Rodil, censurou este xoves que a Xunta de Galicia subvencione con 2,8 millóns de euros a instalación de caixeiros automáticos.

Rodil cualificou dita axuda de "un insulto á intelixencia", dado que "se lles entrega diñeiro público ás mesmas entidades financeiras que foron rescatadas hai menos de dez anos".

No caso concreto de Galicia, Rodil alude a Abanca, que "segue gañando cantidades inxentes de diñeiro e estáselle pagando 2,8 millóns de euros para que pechen entidades e abran caixeiros automáticos a conta de todos os galegos".

Rodil exemplificou esta situación co caso de Muras onde o alcalde, o tamén nacionalista Manuel Requeixo, "denunciou que Abanca ía pechar a súa sede neste concello e agora vai ser a Xunta quen manteña un caixeiro automático".

"Isto é inadmisible, o que se debería esixir por parte da Xunta e do goberno central a esas entidades financeiras é que non poden deixar sen servizo, o bancario que é un dereito fundamental, a toda a cidadanía do país e menos que o fagan con entidades que foron rescatadas con cantidades obscenas hai anos", obxectou.

Olalla Rodil advirte de que todo se produce no "rural", aínda que tamén se referiu ao caso de Deutchsbank na cidade de Lugo, que pechou a única sede e os usuarios do banco "teñen que desprazarse a Coruña".

A parlamentaria do BNG acreditou que nos últimos dez anos "pecharon máis de cen oficinas bancarias na provincia de Lugo e os máis damnificados son as persoas que viven en concellos do rural".

"Paréceme escandaloso que agora pretendan que a mesma entidade financeira que manexa o meu diñeiro, benefíciase de mil diñeiro nunha conta bancaria e agora téñalles que pagar para sacar diñeiro nun caixeiro automático e faino a través da Xunta. O goberno galego o que favorece é que pechen, porque a Abanca sáelle máis rendible pechar oficinas e que sexa a Xunta a que pague o mantemento dos caixeiros", resolveu.

NOVOS PECHES

Nesta liña, a CIG denunciou que Abanca resultou adxudicataria de subvencións para instalar e manter caixeiros no rural coincidindo nun momento no que acaba de comunicar nove peches de oficinas en setembro: San Valentín, Zas, A Baña e Baiñas; Campo Lameiro e Campelo; San Xoán de Río, Padrenda e Quintela de Leirado.

O sindicato recoñece que hai oficinas en municipios "baleirados", pero matiza que "outras son viables e dan beneficios", e advirte do "impacto social pero tamén laboral" que provocan estes peches.

A deputada do BNG Olalla Rodil
A deputada do BNG Olalla Rodil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Caneda

Que foi da tránsfuga Alexandra Fdez.? Desapareceu?

1 Gamela

Segue "militando" no BNG por Pontevedra // https://twitter.com/aKollontai Logo de ser defenestrada pola trepa Yolanda Díaz (antes de chegar a ministra ERTEs) Penso co título de tránsfuga viríalle mellor a Yolanda que pedirá o carné do PSOE antes de que remate o verán... ?