Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2021 | Actualizada ás 19:25
A Asociación Galicia Ambiental denunciou a situación na que se atopa o Eume debido ás malas prácticas da presa, cunha situación de seca e unha importante redución do nivel da auga.
En concreto, a asociación denunciou que os aliviadoiros desta instalación están "practicamente pechados" e o nivel de auga "está moi por baixo do que sería o seu caudal ecolóxico".
Un parámetro que, engadiu, non está fixado oficialmente por Augas de Galicia que "inexplicablemente vai atrasando ano tras ano a súa adopción, situando o curso de auga eumesa nunha situación extrema".
"O 10 por cento de caudal medio é o caudal ecolóxico que debería respectarse, norma que rexe como comunmente aceptada e que neste caso non se cumpriría", denuncian.
Expertos de Ríos con Vida ratificaron, ademais, que o Eume "está hoxe case en cero" no IBMWP, o índice de calidade de auga que se basea nos macroinvertebrados do río.
A asociación avanzou que Ríos con Vida pedirá explicacións formais por esta situación a próxima semana ás autoridades correspondentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.