A Garda Civil auxilia un bebé inconsciente e convulsionando por unha suba de febre en Cambre

A nai vive fronte ao cuartel e levou o seu fillo alarmada porque "non reaccionaba e tiña espasmos no berce".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2021 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

Unha patrulla da Garda Civil do acuartelamento de Cambre auxiliou un bebé que se atopaba inconsciente e convulsionando debido a unha subida intensa de febre. Unha veciña en estado de ansiedade "moi elevado", segundo informa a Garda Civil, acudiu co seu fillo menor en brazos inconsciente. Pola mañá levouno poñer unha vacina e pola tarde empezou a subirlle a febre "sen poder ser controlada polos antitérmicos que lle administrou", apunta.

A muller, "moi asustada ao ver que o seu fillo non reaccionaba e tiña espasmos no berce", levouno ao cuartel da Garda Civil de Cambre, fronte ao seu domicilio, e pediu a berros "que non deixasen morrer ao seu fillo". Os efectivos da Garda Civil colleron o bebé e realizáronlle as técnicas de primeiros auxilios. Estaba inconsciente, cos beizos morados e a mirada fixa, indica, pero o menor de idade comezou a reaccionar "cun pranto leve".

"Inmediatamente realizouse unha chamada telefónica ao COC (Centro Complexo de Coordinación) da comandancia da Garda Civil da Coruña para informar da situación e para que enviasen unha ambulancia", apunta a nota de prensa. Posteriormente, a través do CIAE 112 Galicia, unha doutora púxose en contacto cos axentes para interesarse polo estado do menor e dar as directrices oportunas mentres chegaba a ambulancia.

Efectivos dunha ambulancia de Soporte Vital Avanzado, unha vez realizaron unha primeira exploración ao menor, trasladárono ao Centro Hospitalario Materno infantil Teresa Herrera da Coruña, onde quedou ingresado. Os servizos médicos do CHUAC resaltaron o bo labor levado a cabo pola Patrulla da Garda Civil de Cambre nos primeiros auxilios prestados ao menor.

A Garda Civil auxiliou a un bebé en Cambre. GARDA CIVIL
A Garda Civil auxiliou a un bebé en Cambre. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta