Non ao fútbol gaélico mixto

O presidente da asociación reitora dos deportes gaélicos en Europa avisa aos cinco equipos da Liga Gallaecia que non existe a modalidade mixta e ameázalles con accións legais por usar a súa 'marca'.

Por gcdeportes | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Non hai espazo para o deporte mixto dentro do European County Board, a entidade que rixe os deportes gaélicos no continente europeo. Nas últimas semanas, Brian Sheehy, presidente do consello europeo, ten enviado mensaxes aos distintos equipos da Liga Gallaecia para negarlles a posibilidade de xogar partidos mesturados de homes e mulleres baixo o paraugas oficial do fútbol gaélico.

Plantel do equipo compostelán do Suevia.
Plantel do equipo compostelán do Suevia.

Segundo Sheehy, é unha cuestión de integridade física: no fútbol gaélico masculino permítese o contacto, non así no feminino. Son diferentes e polo tanto mesturalos vai contra a esencia e a tradición do deporte máis popular en Irlanda. “Hai equipos separados en fútbol, en baloncesto, en rugby... todos nos que hai contacto físico polo que... por qué debería GAA (siglas en inglés da Asociación Atlética Gaélica) ser diferente?”, argumenta. “Vostede di que xoga fútbol gaélico, pero non. Fútbol gaélico só xogan os clubs rexistrados na asociación GAA”.

De feito, Brian Sheehy lembra aos integrantes da Liga Gallaecia que só os clubs representados na denominada Liga Galega son parte oficial da GAA (dende novembro) e só eles poden xogar o fútbol gaélico ‘oficial’ en Galicia. O presidente do European County Board insta á Liga Gallaecia a respectar as regras da asociación e non xogar partidos mixtos para poder ser parte da organización. “Xa hai equipos femininos na Liga Galega, de xeito que as mulleres poden xogar coas súas propias regras”. Sheehy incluso amenaza aos equipos con denunciar a ilegalidade que supón usar a súa marca, para deste xeito protexer a esencia do deporte gaélico.

Suévia de Compostela, Torques de Lugoslavia, Afiadoras de Ourense, Ambilokwoi de Vigo e Cascarilha da Coruña disputan dende outubro a 'Liga Gallaecia'. Mentres, na Liga Galega participan Pontevedra Fútbol Gaélico, Irmandiños da Estrada, Estrela Vermelha de Santiago, Mecos do Grove e Fillos do Breogán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 128 comentarios

10 UNHA MAGOA

E a historia de sempre deste país, para unha asociación oficial e selección oficial que temos en vez de apoiala, pois NON!! O peor e que logo esa mesma xente que pon agora podre a GAA vai ir apoiar a morte a selecc Galega de Futbol Britanico, e a pedir a sua oficialidade ou a de basket, balonman….pero claro aquí da segregación xa non nos acordamos…xa non interesa, verdade??

1 Recoiros

Concordo ao 100%

2 anonimo

dende cando a oficialidade vem dada desde os organismos de outro país?(sexa Espanha, Irlanda ou calquer outro)

3 UNHA MAGOA

A oficialidade ven dada desde o organismo que ten facultade para facelo, a FIFA no futbol Britanico, por iso e Escocia e Gales por poñer un exemplo seleccion Oficial de Futbol, a FIBA no basket e no caso do Gaelico a GAA.

9 Gaélico

A min paréceme perfecto que cada un faga deporte como lle pete, pero non me gusta a demagoxia, a hipocresía e mesturar política co deporte. Parece que o gaélico misto son os defensores do deporte igualitario, cando existen tres equipos femininos con máis de 50 rapazas, os da coruña, os da estrada e os do grove. Animaríavos a que vexades un partido delas!

1 peroti

Que política? Estamos encantados de ver un partido voso, se non fose por atopar o non e as queixas dende o primeiro momento pola vosa parte, queixástesvos dende as redes, "acusándonos" de facer política, é o voso primeiro argumento. Non tedes razón, só engadides que facedes o que vos din e que sodes máis. E nós non vos dixemos nada e nin sequera nos diriximos a vós polo voso Non inicial.Deixádenos en paz. Aprendede a vivir a vosa vida

2 Gaélico

No peroti, ti seguramente no, pero outra moita xente si o fixo, lin e escoitei, nun unha nin dúas veces, moitas máis, que eramos machistas!! E eso a min jódeme bastante! A eso me refiro co de demagoxia e hipocresía. O da política, se ti dis que non de acordo. E remítome o primeiro que dixen, cada un que faga deporte como lle pete. Pero é un pouco triste que na nosa terra non podamos facer unha liga con 10 equipos masculinos e 6 ou 7 femininos.

3 peroti

Si, pero nós non queremos competir nas máis altas esferas do deporte internacional, non somos profesionais do deporte, queremos rachar cunha idea sexista de roles e pasalo ben, só queremos iso, pasar un bo rato e concienciar que os rapaces e rapaces teñen que xogar xuntos. Non queremos competir con vós, de feito, danos igual como vos vaia, agardando que sexa ben. Cando entendades esta postura, estaremos falando do mesmo, ata entón seguiremos co "ti non sei que, ti non sei canto"

8 David

Só facemos deporte, estades enfermos, vedes cousas onde non as hai, non facemos política e si facemos política, xa que o feito de xogar mixto é unha forma de reivindicar a igualdade, xogamos, perdemos e gañamos e non nos veredes dicir nin un chío sobre a Liga Galega, non nos merece a pena porque nós sófacemos deporte. Agora ben, se queredes xogar contra nós, estupendo, pero se queredes seguir coas pataletas de neno pequeno evidenciando que sodes parvos, podedes seguir, nós non vos imos entrar ao trapo.

7 Fdns

Zas en toda la boca! DEP Liga Gallaecia!

1 anonimo

tanto medo vos da? que machito...

6 Lucense enfurecido

Aclaracións: - Nen a Liga Gallaecia nen as equipas da Liga Gallaecia teñen solicitado incorporarse á GAA. - Calquera alumno que estudase dereito mercantil sabe que non todo é rexistrábel. A denominación dun deporte non é rexistrábel. Botádelle un ollo á normativa e produtos rexistrados da Oficina Española de Patentes e Marcas, con bases de datos estatais e europeas. - Ergo, o concepto de "fútbol gaélico!, "gaelic football"... nen nada similar está rexistrado en nengún país civilizado. - Seguindo o razonamento do correo do tipo este, as equipas da liga masculina tampouco estaban a xogar ao fútbol gaélico até hai uns meses.

1 Lucense enfurecido

- As equipas da Liga Gallaecia só pretenden facer deporte e socializar transmitindo uns valores. Esta perrencha deriva dos choros dunhas persoas concretas da Coruña que, como tantas veces neste País, teñen exceso de ego e se laian de ver que non teñen o protagonismo exclusivo. - En torno á Liga Gallaecia de fútbol gaélico misto móvense xa (non é fantasmada) CENTOS DE PERSOAS (só hai que ver as fotos), e hai equipas formándose que se incorporarán o ano que ven. Que sentido ten fechar portas a unha relación cordial, onde se podan mover xogadores/as dunha liga a outra? Vid ponto anterior.

2 Peloura de Leira

Lucense enfurecido, eres un pedante. Ya se lo digo yo. Matao

3 Falade galego, óstia!

E ti, "peloura de leira", um "pijo" castelhano..

4 Seras pedante

Rapaz, se es ti quen inventa o deporte si podes rexistralo.