Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2021 | Actualizada ás 12:52
A VII Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca 2021, que se celebrará do 3 a 5 de setembro xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, apostará nesta edición por un completo programa de actividades, segundo informa a organización.
Así, os visitantes contarán con numerosas propostas relacionadas coa caza, na súa maioría realizadas pola Federación Galega de Caza. levarán a cabo diversas exhibicións, de tiro con arco e habilidades caninas.
Sumaranse competicións como o II Copa de Agility e o I Copa de Agility por Equipos Abanca Semana Verde de Galicia e tamén unha nova actividade, a presentación de razas de cans de caza de Galicia. Nesta última mostraranse de forma individual máis dunha vintena de exemplares de seis razas de caza.
Realizaranse, así mesmo, distintos talleres, como o de pintura sobre a fauna galega ou os de divulgación e coñecemento da nosa contorna máis próxima a través de aspectos como a cadea alimentaria, rastros, pegadas, ovos e plumas. Ademais, a cetraría será protagonista de demostracións de voo e unha exposición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.